240 profesionais conforman o novo catálogo da Asociación de Actores e Actrices

O catálogo ten versión versión web, en papel e en cd

26/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Trátase dunha ferramenta que pretende dar a coñecer os actores e as actrices galegas de cara a futuros traballos e acadar unha maior proxección da súa carreira. Vicente Montoto, presidente da Asociación de Actores e de Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta mañá o catálogo que conta con versión dixital (no web da entidade) e impresa (un libro-cd cunha tiraxe de 1.000 exemplares) arroupado polos representantes das entidades que o fixeron posible: a Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE. Só integran esta ferramenta os actores que fan parte da AAAG, e contén 240 entradas con información persoal (descrición física, datos de contacto) e material multimedia (fotos e vídeos).

Para acadar unha maior proxección do catálogo, o proxecto vai ser presentado tanto no marco do Cultur.gal a vindeira semana, e a principios do vindeiro ano en Madrid. Ademais, a versión dixital do catálogo acaba de ser seleccionado para facer parte da publicacion Web Design by Content 2009, que fai un percorrido polos sitios web clasificándoos polo seu contido, o que lle garante unha maior difusión.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AAAG, AISGE, Comunicación Audiovisual, Consorcio Audiovisual de Galicia...