O Consello Xacobeo solicitará incluír o Códice Calixtino nas listas da UNESCO

O rexistro "Memoria do Mundo" recoñece os documentos máis importantes para a humanidade

14/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello Xacobeo anunciou esta fin de semana a súa disposición a solicitar a inclusión do Códice Calixtino, o libro no que se codifica a tradición xacobea, no rexistro "Memoria do Mundo" da UNESCO, o que sería o "patrimonio da Humanidade" da documentación. O anuncio foi feit polo ministro de Cultura, Íñigo Méndez de Vigo, e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. A inclusión do Códice nese rexistro outorgaríalle visibilidade internacional, aínda que non ten obrigas legais ou administrativas alén da súa preservación.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Códice Calixtino, Xacobeo, UNESCO, Patrimonio da Humanidade...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares