O Códice Calixtino que se conserva na Catedral de Santiago, asà como as diferente copias do Liber Sancti Iacobi que se custodian en arquivos e bibliotecas españolas e portuguesas, acaban de ser recoñecidas pola UNESCO. A organización das Nacións Unidas para a Cultura inscribiu o pasado 30 de outubro estes bens no Rexistro da Memoria do Mundo, unha listaxe que recoñece os bens documentais máis importantes da Historia da Humanidade. A declaración afecta ás diferentes copias medievais desta guÃa para peregrinos, que se conservan, para alén de na catedral compostelá, no Arquivo da Coroa de Aragón, na Biblioteca Xeral Histórica da Universidade de Salamanca, na Biblioteca Nacional de Portugal e mais na Biblioteca Nacional española. A candidatura para este recoñecemento partira da Xunta de Galicia en 2015 e chegou á UNESCO impulsada de xeito compartido entre España e Portugal.