Presentan un documental interactivo sobre Santa Mariña de Augas Santas

Explora as conexións astronómicas dos monumentos da parroquia

20/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Interior da Basílica da Ascensión. Fotograma do documental.

A parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz) é un lugar moi especial. Ademáis da intensa devoción popular por Santa Mariña, o territorio está inzado de castros, petróglifos, santuarios, basílicas románicas e antigos fornos castrexos. O grupo de investigación Síncrisis leva anos investigando os diferentes espazos, tentando comprender a través deles as relixións do mundo antigo, as súas conexións co cristianismo e a devoción popular actual. A xornalista Ana Lois elaborou un documental interactivo que resume estas investigacións e que agora podes ver en liña.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Allariz

Claves

Conceptos
Lugares