O señor Manuel Losada, un xubilado veciño da aldea de Armeá, en Augas Santas, estaba a procurar un marco no monte cando atopou unhas escadas na rocha. Só era parte dunha complexa estrutura de formas labradas nun outeiro próximo ao castro chamado "A Cidá de Armeá". Arqueólogos da Universidade de Vigo visitaron onte o sitio arqueolóxico e sinalaron a relevancia do atopado, que poderÃa corresponderse cos tipos de estruturas coñecidas ata agora para os santuarios castrexos, pero dos que en Galicia non se localizara ningún resto tan complexo.
O profesor da Universidade de Vigo Adolfo Fernández sinalou á Televisión de Galicia que: “evidentemente a partir de agora, con este achado do señor Manuel, tremendo, importante, o que imos facer é incluÃr a nosa área de traballo e de estudo en toda esta zona”. Fernández é membro do Laboratorio de ArqueoloxÃa da Universidade de Vigo-GEAAT, que prepara un proxecto de investigación ao redor do castro da Cidá de Armeá e o conxunto etnográfico, histórico, mitolóxico de Augas Santas en colaboración co Museo Arqueolóxico de Ourense e o Concello de Allariz. A aparición destas intrigantes estruturas no monte do Señoriño farán redefinir o proxecto de investigación. O profesor Fernández sinalou a semellanza das estruturas atopadas coas do principal santuario castrexo coñecido ata o momento, o de Panóias (Vila Real, Portugal), aÃnda que sinalou a cautela ata que avance a investigación.
O conxunto localizado continúa, en boa parte, baixo a terra. O que se pode apreciar é un conxunto de escadas monumentais, distribuidas en socalcos, e un gran banco de pedra tallado na rocha, rodeado e delimitado por canles labradas na pedra. Todo o conxunto está orientado cara o nacente do sol. O achado foi dado a coñecer o domingo por Manuel Gago no seu blog CapÃtulo Cero, quen realizou un vÃdeo explicativo entrevistando a Manuel Losada e publicando as primeiras fotos do lugar.