Pensar nos ollos que pensan

Inaugúrase a retrospectiva sobre o fotógrafo José Suárez

Inaugúrase a retrospectiva sobre o fotógrafo José Suárez
Foto: José Suárez / Cidade da Cultura
Hoxe estréase na Cidade da Cultura unha das exposicións do ano, a retrospectiva José Suárez, uns ollos vivos que pensan, no que os comisarios Suárez Canal e Manuel Sendón seleccionaron máis de duascentas fotografías e cento cincuenta obxectos persoais deste singular fotógrafo de Allariz, autor dalgunhas das estampas fotográficas máis senlleiras da Galicia do século XX. Estará ata o 27 de marzo de 2016. Hoxe ofrecémoste un avance de fotografías.



Nesta entrevista os comisarios da mostra explican a vida de José Suárez, un alaricano de familia liberal que se ve forzado ao exilio durante a Guerra Civil e volve a "destempo", a finais dos anos cincuenta, cando a sociedade española aínda non mudara o suficiente. Viaxeiro constante, a súa obra está chea de series galegas, pero tamén americanas e mesmo do Xapón, país que admiraba e que lle fascinaba. O que hoxe ofrecemos como adianto e convite para visitar a mostra, ubicada no Museo do Centro Gaiás, é a serie Mariñeiros, clave para a fotografía do autor e para a representación gráfica de Galicia, e realizada nos anos 30.

Serie fotográfica Mariñeiros. Fotos: cortesía Cidade da Cultura.