Apenas seis meses despois de rematar a xira de Celtas sen filtro, o grupo de teatro amador Airiños de Asados, Rianxo, volta cunha nova produción. O auditorio municipal acolle esta noite ás 21 horas a estrea de Nosa señora das nubes, un texto de ArÃstides Vargas traducido por Santiago Cortegoso e que dirixe de novo Sther F. Carrodeguas. Un total de dezasete actores e actrices da parroquia soben a escena nesta montaxe que protagonizan Oscar e Bruna, dous exiliados de Nosa Señora das Nubes que van facendo memoria e preséntanlle, a través das súas lembranzas, este estraño paÃs aos espectadores. Os interesados en coñecelo, teñen mañá unha nova ocasión, tamén en Rianxo.