A fotografía centra a programación de outono do CGAC

O centro abría onte Interaccións de Javier Vallhonrat

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de Interaccións, de Vallhonrat

Imaxe de Interaccións, de Vallhonrat

Dúas exposicións enfocadas na fotografía compoñen a oferta do Centro Galego de Arte Contemporánea para este outono. Na tarde de onte abría as súas portas Interaccións de Javier Vallhonrat. O último proxecto do fotógrafo amosa 52 fotografías, sete vídeos e unha videoinstalación centradas en paisaxes de alta montaña e de meteoroloxía extremas, fiando un relato que, segundo explica a presentación da mostra, "pódese entender como unha exploración sobre a experiencia da montaña, a fraxilidade do home fronte á natureza e as condicións extremas, pero tamén como un cuestionamento sobre diferentes modos de representación da paisaxe".

A exposición, que estará aberta ata o vindeiro 27 de marzo, coincide no centro ata o vindeiro 15 de novembro con Arrissa. A sombra e o fotógrafo 1922-1936. Este proxecto recupera dos fondos da Colección Telefónica unha selección de traballos do catalán Antoni Arissa. Cento cincuenta fotografías realizadas entre 1922 e 1936 amosan a evolución do autor desde o pictorialismo á vangarda.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Paisaxe, Natureza, Exposicións...