Ás voltas coa gravidade

Gravity and Disgrace Ep. 1 reflexiona sobre a inestabilidade contemporánea no GGAC

17/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Imaxe de Sobre la escultura. Diego Santomé.

Miguel Von Hafe, director do Centro Galego de Arte Contemporánea, é o comisario de Gravity and Disgrace Ep. 1. A mostra, que abría as súas portas o pasado 30 de marzo, achega traballos de Manuel Eirís, Carla Filipe, Marlena Kudlicka, Paloma Polo e Diego Santomé tentando reflexionar sobre a inestabilidade propia da sociedade contemporánea. Os vídeos, esculturas e fotografías dialogan ata o vindeiro 1 de xullo no que é só o primeiro capítulo dunha serie de propostas expositivas entrelazadas.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Eirís, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)