O CGAC abre dúas novas mostras

La bandera en la cima e Gravity and Disgrace Ep. 1 abren esta tarde

30/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Bristol. Fotografía de Carla Filipe.

Continúa a presentación da programación do Centro Galego de Arte Contemporánea para esta primavera. Logo da mostra De la generosidad, que abría o pasado venres, esta tarde a partir da 20 horas abren as súas portas La bandera en la cima e Gravity and Disgrace Ep. 1. A primeira das propostas amosa os retratos que Rafael G. Bianchi realizou das catorce montañas máis altas do mundo, así como o material de documentación e rascuños que empregou este autor.

Pola súa banda, a segunda das mostras reúne obras de Paloma Polo, Carla Filipe, Marlena Kudlicka, Manuel Eirís e Diego Santomé. Comisariada por Miguel von Hafe, a proposta é a primeira parte dun proxecto que quere reflexionas sobre "o principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade".

A seguir con presentacións, o vindeiro sábado 31 ás 18 horas darase a coñecer A modo de conclusión, traballo do artista Misha Goes Bolas, nun acto que contará coa intervención de George Varela e a actuación da banda Diadermin.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Eirís, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)