A fotografía social protagoniza as mostras de PhotoGalicia 2008

Na mostra veranse fotografías publicadas na revista Life que foron censuradas polo franquismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Xa se coñecen as datas e nomes que compoñen a nova edición de PhotoGalicia2008, o certame fotográfico que organizan a Fundación Caixa Galicia e Photoespaña. A cita comezará o vindeiro 2 de outubro na Coruña cunha mostra do fotógrafo americano William Eugene Smith. Nesta exposición poderase ver a súa obra máis recoñecida, a reportaxe fotográfica que fixo sobre o pobo estremeño Deleitosa, que foi censurada polo franquismo. Detrás del chegarán artistas como Gabriele Basilico (a exposición chámase “Intercity” e estará en Lugo), Javier Vallhonrat (“Acaso” poderase ver en Ourense) e Victoria Diehl (“Frías, gráxiles, durmintes” estará en Vigo).

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Franquismo, Life, Fundación Caixa Galicia...