O CCG expón na Coruña a obra do fotógrafo Juan Cancelo

A mostra "Illa rota" amosa a evolución da sociedade coruña da II República ao franquismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Son un cento de fotografías que documentan a evolución da sociedade coruñesa entre os principios da II República e o franquismo, e poderanse ver ata o 30 de marzo na sala de exposicións do concello da Coruña. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, inauguran hoxe esta mostra ás 19.30 horas. As fotografías son parte do arquivo fotográfico de Juan Cancelo (1892-1987), un coruñés que acadou sona por ser o primeiro fotoxornalista da prensa galega, traballando en varias cabeceiras como El Ideal Gallego. As fotografías recollen tanto a vida das elites da cidade como da vida popular.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cidade dos dous pasados

A cidade dos dous pasados

A exposición 'Illa Rota' amosa unha parte do arquivo de Juan Cancelo,decano do fotoxornalismo profesional coruñés que documenta da IIª República ao franquismo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con República, Franquismo, Ramón Villares, Exposicións...