Apartadas do seu contexto das páxinas dun xornal, dos textos e os titulares que as acompañaban, as oitenta imaxes de Juan Cancelo que podemos ver na exposición Illa rota cobran un enorme valor puramente documental. Estas instantáneas xornalísticas conforman unha crónica gráfica dunha cidade que pasou de ser unha "illa" republicana nun entorno monárquico para verse plenamente conquistada en todas as capas da súa vida social pola ditadura tras o golpe de Estado de 1936 e durante o longo período que esta durou.
Juan Cancelo (A Coruña, 1892-1988) é o referente histórico do fotoxornalismo na cidade herculina e un dos pioneiros como profesional do xornalismo gráfico. A mostra que se está a exhibir na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita da Coruña ata o 22 de marzo, presenta unha selección de oitenta fotografías distribuídas por seis eixos temporais ou temáticos: República; Guerra; Relixión; Muller; Sociedade e Mar. O fotógrafo José Caruncho fixo a escolla e ordenou a exposición a partires do material cedido pola familia do reporteiro, que permitiu o acceso ao arquivo fotográfico restante de Cancelo, xa que foron moitas as fotografías que se perderon nun incendio ocorrido no ano 1951 no local onde este gardaba os seus negativos e placas, que por causa da auga quedaron moitas deterioradas ata un punto irrecuperable. No catálogo de esta exposición, editado polo Consello da Cultura Galega que o organiza, José Caruncho e Antonio López describen a figura e a obra de Juan Cancelo. Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, encadra historicamente o contexto e o sentido das imaxes.
De Illa a Illa Rota
No prólogo do libreto que acompaña a mostra, o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares di das imaxes obtidas por Cancelo que nelas "se pode apreciar o relato documentalista da vida coruñesa de mans dun fotógrafo arriscado, con ángulos e tomas propias que só podía tirar un reporteiro áxil, desenfadado e vital." Villares lembra o valor destas instantáneas como "testemuño da transformación dunha sociedade que debe sobrevivir a unha guerra e pasar de súpeto da liberdade ao medo e a represión". Nese mesmo sentido Grandío abonda na idea de que o que estas fotografías seleccionadas nos amosan son situacións que "atópanse nos anos en que unha sociedade aberta e cosmopolita , reflexo das novas tendencias e con vocación modernizadora da galeguidade, se converte case da noite á mañá nunha cidade seria, respectada, enfadada en ocasións, de xesto adusto...". O nome desta exposición fai referencia á rotura provocada primeiro polo golpe de estado e a represión e posteriormente pola ditadura nun espazo urbano que durante máis de corenta anos antes diso fora unha "illa" republicana nun continente galego formalmente monárquico. Esta esperanzadora illa política e socialmente activa rompeuse no verán de 1936 e permaneceu rota durante a longa ditadura.
Cancelo recolle para La Voz de Galicia numerosos actos de masas dos anos da República. Exaltacións, protestas, mobilizacións sociais e obreiras que deixan ver unha sociedade activa e reivindicativa, non dada aos silencios e o conformismo como despois as circunstancias e a supervivencia imporían. Esas aglomeracións saídas dos descontentos e das ilusións mudarían máis tarde noutras dirixidas cun carácter finalista de apoio ao réxime militar que gobernaba o país co apoio e complicidade da curia eclesiástica. Da época republicana caben destacar varias instantáneas coas visitas de Manuel Azaña á cidade, nalgunha das cales está presente o futuro ditador Francisco Franco como gobernador militar da Coruña en 1932. Tamén teñen especial valor outras moi centradas na figura e nos actos multitudinarios do ministro coruñés Santiago Casares Quiroga. Como recorda Grandío, "non se entende o pasado republicano da cidade sen a familia Casares. Referente constante para a súa sociedade, Santiago representa o salto á política dunha nova xeración con ansias de modernización." A cámara do reporteiro segue a Casares por actos, mitins, discursos e mesmo por situacións nas que o propio ministro simbolizaba os desexos de cambio da sociedade como cando unha multitude o acompaña a súa casa cando se coñece o seu nomeamento ministerial: "O estado anímico que recolle Cancelo das masas que o levan cara a súa casa de Panadeiras fai percibir unha sociedade esperanzada, coa vista posta en camiños de cambio reais."
O primeiro reporteiro gráfico profesional
Contan de Cancelo que gozaba de moita permisividade á hora de achegarse ao ditador Francisco Franco para fotografalo e que neses traballos foron moitas as anécdotas que tiveron lugar, así como que sempre foi galegofalante, ata cando no exercicio do seu traballo tiña que dirixirse ao ditador. Tamén se mencionan como parte das súas características persoais e diferenciadoras o seu carácter reservado no eido laboral, a súa boa forma física como ex-atleta que lle axudaría no súa vertixinosa actividade xornalística e a súa actitude de "constante inquietude", como recordaba no seu obituario o que foi director seu en El ideal Gallego, Pedro de Llano 'Bocelo'. Alén de cuestións anecdóticas e case lendas urbanas arredor de Juan Cancelo hoxe pasa a historia como o primeiro reporteiro gráfico profesional da prensa galega e decano desta categoría na cidade herculina. A este traballo dedicouse de xeito exclusivo desde 1938 ata a súa xubilación en 1972, sen facer diso unha actividade compatible con outras como o retratismo e outros servicios habituais do mundo da fotografía. Se ben durante anos foi colaborador gráfico habitual de La Voz de Galicia a paga obtida por eso non lle permitía a dedicación exclusiva e esa paixón pola cámara tivo quen compatibilizala durante anos con oficios do máis variado como axudante de ferreiro, de carpinteiro , de albanel e de sombrereiro. Fillo de impresor ( do Diario de la Marina) acadou un traballo como tipógrafo na imprenta Roel que vai compatibilizando co reporteirismo durante anos. No ano 1938 a súa vida da un cambio como consecuencia da Lei de Prensa de Serrano Suñer, que impoñía que en cada xornal das cidades do tamaño da Coruña houbese un fotógrafo contratado e un auxiliar. A obriga legal fixo que desde o xornal El Ideal gallego se lle ofrecese a el o posto de auxiliar, xa que o principal o ocupaba o veterano Ángel Blanco, Cancelo tiña xa máis de corenta e cinco anos e traballaría para esa cabeceira ata os 79 anos e 11 meses alén de colaborar coa prensa madrileña e ser correspondente titular da axencia Europa Press.
A narrativa desta exposición que estará dispoñible ata o 22 de marzo permite seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia, unha illa rota. A mostra recolle tanto escenas das elites e grupos de poder, como a vida nas rúas, os baños nas praias da cidade, os bailes, o lecer das touradas e dos deportes, e a vida dura das clases populares nos anos máis escuros da posguerra. Como nos recorda Grandío sobre a o período da ditadura "O franquismo duraba. Máis do previsto. E a vida continuaba. As institucións do réxime convertéronse nas saídas para a socialización pública. A sección feminina, os bailes, os deportes... Válvulas de escape no pote da presión social."