Compostela acolle o XII Encontro Galego de Ilustración

Sagar Forniés e Puño son os convidados desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Compostela acolle o XII Encontro Galego de Ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración organiza o décimo segundo Encontro Galego de Ilustración. A Hospedería de San Martín Pinario acolle este sábado 31 de outubro os actos desta iniciativa que inclúen senllas conferencias a cargo de Puño, que falará sobre Ilustrando ayer, hoy y quién sabe si mañana e mais de Sagar Forniés, que abordará o tema De la calle al estudio. O evento acollerá tamén a asemblea xeral da asociación e mais a presentación do seu novo catálogo, que ten como temática central Novas olladas sobre os clásicos universaisz.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Santiago de Compostela