Pontevedra acolle as III Xornadas Arredor da Música Tradicional

A Asociación de Gaiteiros celebra mañá este encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pontevedra acolle as III Xornadas Arredor da Música Tradicional

A gaita de fol, o pito galego, o coro Cántigas e Aturuxos, publicacións sobre diferentes mestres da tradición ou mesmo unha intervención sobre gaitas eslovacas. As III Xornadas Arredor da Música Tradicional que celebra mañá en Pontevedra a Asociación de Gaiteiros Galegos veñen cargadas de reflexións e análises sobre o noso patrimonio sonoro. O encontro desenvolverase nesta ocasión na Casa das Campás, e contará coa presenza de investigadores como Moisés Quintas, Paulo Gonçalves, Ramón González ou Juraj Dufek e Miroslava Dufeková.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Asociación de Gaiteiros Galegos

Claves

Lugares