Chegan as I Xornadas Arredor da Música Tradicional

Investigacións e proxectos didácticos presentarase neste encontro organizado pola Asociación de Gaiteiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cartel das I Xornadas sobre a Música Tradicional

Cartel das I Xornadas sobre a Música Tradicional

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as I Xornadas Arredor da Música Tradicional, un encontro que se desenvolverá os vindeiros 15 e 16 de decembro en Lugo. O evento, que está orientado a afeccionados e profesionais deste sector, servirá para presentar diferentes proxectos e investigacións arredor do noso folclore musical, así como o de Zamora, Portugal, Euskadi ou asturias. Iniciativas didácticas como Son do fol, o traballo do grupo Os Chichisos, o Cancioneiro de Cabana de Bergantiños ou as últimas investigacións de Pablo Carpinteiro son algunhas das iniciativas que se derán a coñecer neste encontro.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cancioneiro, Asociación de Gaiteiros Galegos, Bergantiños, Zamora...