As Xornadas arredor da Música Tradicional celebran dez anos

O encontro organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos terá lugar este sábado en Viascón

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
As Xornadas arredor da Música Tradicional celebran dez anos

As Xornadas arredor da Música Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) chega á súa décima edición. O encontro anual para afondar nas raíces musicais do país terá lugar nesta ocasión na Casa da Gaita, de Viascón (Pontevedra), durante toda a xornada do vindeiro sábado 1 de outubro. O programa, aberto a calquera persoa interesada, inclúe a posta en común de catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións.

Un relatorio de Xulia Feixoo co tema "Concha do Canizo. O Pandeiro Cadrado na Terra das Frieiras" abrirá o encontro. Ao longo do día falatrase tamén de bailes tradicionais como o de Damas e ghaláns, de Nerga ou a danza de espadas de Marín. A música medieval no camiño de Santiago será obxecto dunha presentación a cargo de Jose Manuel Salgado Mosquera, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea e Francisco Luengo. Beatriz Busto abordará nun relatorio o caso da visibilidade acadada para a tradición oral polas pandereteiras de Mens e Riedrich Bramsteidl, Paz Prieto, Juan Carlos Quintana e Daniel do Pando farán de xeito conxunto un relatorio sobre o Proxecto Avareira.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Gaiteiros Galegos, Pontevedra, Beatriz Busto, Francisco Singul...