A Asociación de Gaiteiros Galegos afronta os seus vinte anos querendo acoller a todo o folclore tradicional

Da gaita ao folclore

29/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
31 lecturas | Compartido 0 veces
Naceron hai vinte anos coa vontade de dignificar o traballo dos gaiteiros, e hoxe son máis de 1.000 socios repartidos por todo o país. Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, ve o futuro con “moito optimismo” e xa ten claras as novas metas: “queremos abrir o abano e recoller a todos os outros sectores, como a danza. A idea é estruturar a música tradicional e conseguir a colaboración das institucións”. Co gallo do seu viséximo aniversario, a Asociación está a deseñar todo un programa de eventos no que figuren os integrantes históricos da Asociación e quere potenciar a presenza no ensino da música tradicional: “estamos a buscar apoios nas Consellarías para elaborar máis unidades didácticas”. Os tempos cambiaron nestes vinte anos, asegura Caneiro, sobre todo “na normalización. Non se pode estar dignificando todos os días. Deben ser os propios cidadáns os que defendamos o noso patrimonio musical”.

Web da Asociación de Gaiteiros Galegos


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares