Xa está en marcha a preparación do segundo congreso de ensinantes de música tradicional

Os ensinantes vólvense reunir

10/10/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
A Asociación de Gaiteiros Galegos está xa a preparar o II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, que terá lugar o 7, 8 e 9 de Decembro de 2007 en Santiago de Compostela. O Auditorio de Galicia será o marco que acolla a congresistas, mestres, gaiteiros, artesáns ou simples afeccionados á música tradicional. Unha das formas de participar, ademais da presencial, é a través do envío de comunicacións. O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será ata o 16 de Novembro de 2007. O pasado ano na primeira edición deste congreso presentouse por parte da Fundación Sondeseu o primeiro libro branco de educación do sector con relevantes cifras.

Máis información na Asociación de Gaiteiros
e o noso tema sobre Educación en música tradicional

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, SonDeSeu, Asociación de Gaiteiros Galegos, Auditorio de Galicia...