A Fundación Sondeseu presentou o Libro Branco da Educación en Música Tradicional en Galicia

Perfil do ensino de música tradiconal

10/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Rodrigo Romaní, presidente da Fundación Sondeseu, adiantou o resultado da investigación sobre o ensino da música tradicional. O estudo deixa ver un perfil dos docentes sen contrato, 70%; con máis de dez anos de experiencia; maioritariamente homes, 59%; menores de 33 anos, 60,5%; e con formación académica universitaria, 38,5%. As asociacións culturais acaparan o ensino das músicas tradicionais no 58,5 dos casos. Esta docencia move máis de tres millóns de euros, cifra que segundo Romaní “é moito máis grande na realidade” e que forma parte dunha “economía somerxida” á que tamén habería que sumar a venda de traxes e instrumentos musicais. O estudo presentarase no I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega. Representantes das consellarías e da deputación anunciaron a súa disposición a ter en conta estes resultados para regular e normalizar estes ensinos.

Máis información en Galicia Hoxe
e sobre o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Descarga do Libro Branco de Educación en Música Tradicional na Fundación Sondeseu

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

30/10/2008

A gaita nas aulas

Os ensinantes de música tradicional debaten sobre como introducir este legado na educación formal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SonDeSeu, Ensino, Educación, Rodrigo Romaní...

Claves

Protagonistas
Lugares