Nos últimos anos, o interese entre os docentes de ensino obrigatorio pola nosa música tradicional está a se incrementar. No entanto, a presenza deste legado sonoro continúa a ser mÃnima nas aulas. O III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega dedÃcalle esta fin de semana boa parte do seu programa a un ámbito que ten un inmenso potencial á hora de popularizar este legado.
Máis de catrocentas persoas tentaron inscribirse neste encontro. Entre elas, atópase un bo número de mestres e profesores de ensino primario ou secundario que buscan ferramentas ou orientacións para achegar ás súas aulas a nosa música tradicional. E é que, segundo aseguran os coñecedores do medio, nos últimos anos está a se incrementar a presenza destes sons nos centros de ensino. Segundo explica Xaime Estévez, coordinador das mesas redondas destas xornadas, “eu levo 25 anos de profesor e vexo unha evolución positiva. A propia matrÃcula neste congreso, que a min me sorprende positivamente, indica que hai moitÃsimo profesorado moi sensibilizado con esta temática”. Coincide con ele Xerardo F. Santomé, membro da asociación Gaiteiros da Xistra e que intervirá no congreso co relatorio Proposta estratégica sobre as aplicacións didácticas da música popular galega nos sistemas ensino. Para Santomé, “a situación mellora porque antes non habÃa nada. Agora podes atopar unhas follas sobre música tradicional no libros de Coñecemento do Medio. O problema moitas veces é que se fala diso dun xeito moi teórico, sen que o alumno o viva nin o sinta”. Para alén dos libros si que advirte un incremento no interese dos ensinantes. “Nesta nova fornada de profesores de música si que hai interese, pero ás veces queda en dar teorÃa máis do que outra cousa”.
Propostas puntuais
O que falta é, segundo estes profesores, algún sistema que permita coordinar as múltiples iniciativas que se desenvolven, illadas, en diferentes centros. “SerÃa interesante sistematizar o que hai feito. O mesmo cun grupo de traballo que se promovese desde a propia ConsellarÃa para que o ensino obrigatorio tivese un papel destacado na difusión da música tradicional e que incentivase aos profesores para apostar por isto”, advirte Estévez. Pola súa banda, Santomé coincide en que “unha queixa común dos profesores é que non existe material para traballar. Desde a nosa asociación defendemos que cos nenos e co contorno é un coñecemento que se transmite facilmente. O que si se detecta é que existe unha falta de formación entre os profesores. En primaria si teñen unha formación pedagóxica que lles permite traballar mellor este campo, pero en secundaria, que é onde se poderÃan conseguir obxectivos a curto prazo, nótanse máis eivas na preparación”.
O traballo da Xistra
Nese ámbito, Santomé leva anos a traballar na Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra, que desenvolveu unha boa cantidade de material didáctico arredor deste campo. “Facemos concertos didácticos con Caixanova e actividades para todo tipo de ensino e para a familia. Temos unidades didácticas sobre vestiario, instrumentos e aspectos concretos. Todas estas experiencias están avaliadas e desenvolvidas, quen as queira empregar que as empregue”. Precisamente este colectivo fará unha demostración do seu traballo nun concerto que se desenvolverá na sesión de tarde do domingo no marco do Congreso.
Música en todas partes
A proposta de achegar a música ás aulas non vai, cando menos nos casos consultados, por crear unha materia ou un número de horas especÃfico para tratar a música tradicional. “Non reclamamos horas para a música tradicional, senón que pretendemos que podia ser empregada como unha referencia para ámbitos coma a cultura, a etnografÃa ou outros. Non pretendemos que o alumno vexa na música tradicional unha materia máis, senón un xeito de se comportar como galego. Que comprobe que é unha música perfectamente válida para calquera eido da vida, tanto a nivel profesional como persoal”, explica Santomé. Coincide con el Estévez, para quen “debemos potenciala non como algo illado, xa que a música fai parte dunha cultura. Desde o pasado ano en primeiro de ESO hai unha materia chamada Proxecto Interdisciplinar no que pode haber un sitio destacado para a nosa música. Pero en xeral poderÃa estar presente en moitas materias coma coñecemento do medio, plástica ou literatura. En todos os centros hai departamento de galego, grupos de normalización e profesorado interesado neste tema”. Nese sentido non ven prioritario mudanzas nos contidos das materias, e apostan antes por dinamizar as posibilidades que xa existen. Segundo Santomé “facer un decreto por facelo poucas veces consigue os obxectivos que se persiguen. O que procuramos é unha mentalización, que poida que dea nalgún momento nun reflexo legal”.
A estratexia
A proposta estratéxica que Santomé presentará no congreso considera o ensino obrigatorio coma un dos tres eixes nos que traballar a formación na música tradicional. “Queremos buscar o punto de intersección entre os sistemas de aprendizaxe. Por unha banda está o sistema informa l de ensino, onde o alumno marca os tempos e os obxectivos, ao xeito tradicional. Logo está o ensino non formal, que é o que agora mesmo ten máis potencia en Galicia, derivado do asociacionismo e que traballa en programas oficiais e dun xeito máis ou menos informal. E logo está o ensino oficial”. Para Estévez a introdución do noso legado musical neste ámbito “pode facer de colchón ante os efectos da globalización e recuperar estas raÃces que a sociedade perde. É moi importante que nos centros haxa esta referencia. Os rapaces tocan coa mesma naturalidade un djembé que unha gaita, e teñen que saber de onde vén cada cousa”, completa este profesor.
O debate está enriba da mesa. De certo os máis de douscentos participantes que conseguiron inscribirse no congreso han achegar unha bo feixe de propostas sobre o papel que a nosa música tradicional pode e debe desempeñar no ensino. Esta fin de semana daranse uns pasos máis neste camiño.