Dentro das variadas formas da nosa música popular, non debe estrañarnos que existisen unha ampla variedade de xogos sonoros destinados aos máis pequenos. No entanto, eran ata o de agora poucos coñecidos. En Para cantar e bailar LuÃs Prego e Edicións do Cumio recuperan unha parte fundamental da nosa tradición que pode axudar que nenos e nenas se achegan ao mundo da danza tradicional.
Sabemos do xogo das cadeiras, da roda, do pasemisà e de moitos outros xogos infantÃs nos a música e o movemento se mesturan en auténticas danzas grupais. Para alén destes, a nosa cultura tradicional posúe unha ampla variedade de entretementos deste tipo, non só para nenos, que agora coñecemos da man de LuÃs Prego, ensinante de música tradicionalen colectivos coma Brincadeira ou O Fiadeiro.
O esquecemento e as posibilidades
“Moitos grupos de música e baile teñen recollido moito material deste tipo, pero non se lle dá a mesma importancia que a outro porque ten pouca vistosidade”, explica Prego a escasa difusión dos entretementos que el agora pon a disposición do público. “Cando preparas unha actuación, tentas levar ao escenario as danzas máis atractivas visualmente, con máis coreografÃa, e as cantigas cos toques máis impresionantes. Estes xogos son máis para participar do que para ver. Teñen melodÃas e pasos moi repetitivos, e un espectador pódese aburrir”.
Ollándoo polo reverso, podemos pensar en que este tipo de propostas achegan unhas posibilidades de interacción inéditas en moitos dos habituais espectáculos de música tradicional aos que estamos afeitos. “Nós, desde ArdentÃa, temos feito algunha experiencia con xogos moi sinxelos para que a xente participe nas actuacións. Son cousas moi sinxelas que permiten que todos estean cantando na segunda repetición e funcionan moi ben”. Está por ver que a experiencia calle noutros grupos e que comecemos a i ás actuacións non só a mira, senón tamén a bailar.
O interese
Para alén, semella que fóra dos escenarios tamén existe un prometedor oco para recuperar estes vellos entretementos. “Arredor do ano 91 comezamos a recoller cantigas e bailes tradicionais, e entre o moito material que levabamos habÃa xogos e danzas que se facÃan, sobre todo, no sur da provincia de Pontevedra”, explica. “Fomos meténdoas polo medio de clases e cursos e vimos que funcionaban moi ben e que habÃa moita demanda”. Deste xeito, cursos para mestres, obradoiros de danza en festas coma as da reconquista e outros espazos deste tipo foron escenarios desta pequena recuperación. Aos poucos, colegas do ensino da música tradicional e afeccionados a estes temas animáronse a solicitar material deste tipo e ao incluÃr nas súas propias clases, e deste xeito foise facendo evidente a necesidade de contar cun libro. Para cantar e bailar, editado por Edicións do Cumio, recolle 23 destes antigos entretementos, ilustrados e explicados. Ademais, un CD achega a música necesaria para poder practicar de xeito inmediato.
Xogos para adultos
Malia á súa aparente sinxeleza, non todas as propostas que Prego recolleu van dirixidas aos máis novos. “Moitos dos xogos que aparecen no libro eran exclusivos para xente adulta. Por exemplo, o Lambonciño, que ten como retrouso “lambón lambón das herbas, entréganche as mozas e non as conservas”, estaba destinado aos rapaces e rapazas que comezaban a mocear”, explica. Neste entretemento concreto facÃanse parellas, e cumprÃa que sempre quedase un dos mozos sen casar, que era o que ficaba no medio. “Burlábanse del e dábanlle golpes, non era un entretemento infantil. Logo si que hai outros para máis cativos, que fan sons onomatopéicos e imitan o trote do cabalo ou o son da serra”.
Na actualidade, os xogos que este investigador rescata de propón “van dirixidos sobre todo aos ensinantes de música tradicional e ás agrupación de folclore. Pódenlles axudar e facer que os pequenos aprendan, ademais das melodÃas, os movementos máis básicos sen se aburrir. Pola miña propia experiencia os nenos desexan que no medio da clase lles propoña bailar un destes xogos”. Está por ver ata que punto se poden popularizar de volta estes entretementos. Por se acaso, Prego adianta que xa hai material abondo para unha segunda parte.

Mostra de páxinas
Fonte: Edición do Cumio
Mostra de páxinas
Fonte: Edición do Cumio
Mostra de páxinas
Fonte: Edición do Cumio
Mostra de páxinas
Fonte: Edición do Cumio