Chega o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

A Asociación de Gaiteiros galegos recupera a cita logo dun ano sen edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cartel do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

Cartel do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

Malia a que o ano pasado non se puido celebrar, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra, entre o 7 e o 9 de outubro, o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. A cita será no Auditorio de Galicia, en Compostela, e para alén de obradoiros formativos en diferentes instrumentos ou presentacións de novas obras sobre esta cuestión, abordaranse temas como métodos de ensino de gaita para os máis novos ou as posibilidades da música galega como terapia en idades temperás. Aínda está aberto o prazo para se inscribir e mais para presentar comunicacións a este encontro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Gaiteiros Galegos, Auditorio de Galicia, Ensino, Santiago de Compostela