O CGAC acollerá as II xornadas arredor da Música Tradicional

Abordaranse temas como as gaitas na música cultura ou o papel dos cegos na tradición

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O CGAC acollerá as II xornadas arredor da Música Tradicional

Logo do éxito da pasada edición, a Asociación de Gaiteiros Galegos recunca no Centro Galego de Arte Contemporánea coas II xornadas arredor da Música Tradicional. O encontro, que se celebrará os días 16 e 17 de novembro centrará boa parte da súa atención na música de gaita. Así, a presenza deste instrumento na música barroca ou de cámara, as súas versións en León ou Portugal ou a evolución das formacións de gaiteiros en Galicia protagonizarán diferentes relatorios.

Canda a isto, o papel dos cegos na nosa tradición musical tamén se abordará atendendo á súa relación coa zanfona, á presenza destes músicos na Limia ou mediante a figura do Cego de Padrenda. Presentacións de publicacións sobre música tradicional, traballos sobre o pandeiro ou o acordeón, xogos musicais ou unha foliada fan tamén parte do programa.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Gaiteiros Galegos, Portugal, León, Limia...