Rosa EnrÃquez e Teresa Moure inauguran mañá, 1 de outubro, o X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, que se celebra este ano co lema Afinidades electivas?. O Salón de actos da Facultade de FiloloxÃa e Tradución da Universidade de Vigo acolle este primeiro encontro, centrado na poesÃa. Seguirán outras dúas sesións, desta volta no Charenton Club Cultura, unha delas o dÃa 9 de outubro na que Juan Tallón e Manuel Darriba debaterán sobre narrativa, e a terceira o dÃa 16 con Clara Gayo e Marta Pérez e o teatro como protagonista.
O anuncio desta actividade da Asociación de Escritores en Lingua Galega coincidiu coa presentación do novo web deste colectivo, que tamén daba a coñecer outra das súas actividades tradicionais. O Salón de Actos da Biblioteca Pública de Lugo acollerá o vindeiro 24 de outubro a VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral, que se centrará nesta ocasión sobre Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral. Arquetipos sexistas, poética do noxo, contos eróticos, prexuÃzos e tabús abordaranse da man de especialistas como Xosé Miranda, Olga Novo ou Rubén Aramburu entre outros.