Fálame de San Sadurniño obtén recoñecemento europeo

O premio ACTing valora iniciativas para inclusión dixital de persoas maiores

25/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioaudiovisualsociedade
17 lecturas | Compartido 0 veces

O proxecto europeo ACTing (Axentes Sociais Promotores da Idade activa a través das TIC), con sede en Suíza, acaba de lle outorgar o seu galardón anual a un proxecto galego. Fálame de San Sadurniño, o proxecto de recuperación de fotografías, audiovisuais e memorias sobre este concello, impúxose entre as trinta e seis iniciativas que aspiraban a este recoñecemento. O xurado valorou factores como o grao de innovación, a creatividade, as tecnoloxías empregadas, a utilidade social, o impacto, a metodoloxía e a visibilidade da iniciativa.

Universo culturagalega.gal

14/04/2020

Traballar cultura en Cabila

O INCIPIT propón unha metodoloxía aberta e participativa para iniciativas sociais ou patrimoniais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Sadurniño, TIC, Suíza

Claves

Conceptos
Lugares