Iñaki Varela faise co Premio Victoriano Taibo de Poesía

Charo Lopes recollerá o 2 de outubro o XV Fiz Vergara Vilariño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Do outro lado das portas é o título do poemario co que o vigués Iñaki Varela Pérez se impuxo no VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local Menor de Morgadáns. Ao galardón, dotado con tres mil euros en metálico e unha escultura, presentáronse un total de corenta e dous orixinais. Segundo destacou o xurado, o poemario gañador é "un libro que trata os temas máis actuais dende unha perspectiva social, nunha especie de épica actual, en que o autor nos dá a súa particular visión do que nos preocupa hoxe sen que os poemas se resintan na súa construción lírica".

En paralelo, a Asociación Cultural Ergueitos de Sarria prepara para os días 1, 2 e 3 de outubro os actos de homenaxe a Fiz Vergara Vilariño. Ademais dun roteiro literario, o programa inclúe a entrega do XV premio poético que leva o nome deste autor a Charo Lopes. A poeta fíxose co galardón o pasado mes de xuño polo seu poemario De como acontece a fin do mundo. No marco destas xornadas tamén se presentará Oenach de Marcos Abalde, obra premiada na anterior edición do certame.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Victoriano Taibo, Poesía, Fiz Vergara Vilariño, Fiz...