Concepción Álvarez Lebredo leva o Victoriano Taibo de Poesía

A obra Distancias e Simetrías valeulle 3.000 euros do premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A V Edición do Premio Victorano Taibo de Poesía-Entidade Local de Morgadáns foi para María Concepción Álvarez Lebredo. O seu poemario Distancias e Simetrías foi seleccionado polo xurado do galardón, composto por Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Carlos Negro e Miguel Anxo Mouriño, para levar os 3.000 euros e mais a escultura de Fino Lorenzo do premio. O xurado destacou a efectividade "a nivel emocional" da obra e o sinxelo do seu estilo. O Instituto de Estudos Miñoranos publicará a obra no marco da colección Victoriano Taibo.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Victoriano Taibo, Poesía, Miguel Anxo Mouriño, Carlos Negro...