O Premio de PoesÃa Victoriano Taibo vai nesta ocasión para Cee. Xosé Iglesias Lamela gañou esta edición coa súa obra A relixión do mar. O xurado, composto polos escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, seleccionou o traballo de Iglesias entre os 44 orixinais presentados, e destacou unha obra que "sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpinterÃa de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade". Esta é a primeira ocasión na que o Instituto de Estudos Miñoranos, que convoca o certame, contou co apoio económico do Concello de Gondomar. O premio está dotado con 3.000 euros e que inclúe a publicación da obra gañadora.