Lara Rozados gaña o Victoriano Taibo de Poesía

O caderno amarelo impúxose na sétima edición do certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A primeira obra de Lara Rozados, O caderno amarelo, impúxose na VII edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, dotado con 3.000 euros. O caderno amarelo impúxose entre as 49 obras que se presentaron a esta edición. O vindeiro mes de novembre entregarase o galardón, que inclúe tamén unha escultura de Fino Lorenzo e mais a publicación da obra pola Entidade Local de Morgadáns. O xurado do galardón estivo composto por Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Rexina Vega, Ramón Sandoval e Miguel Anxo Mouriño, que actuou como secretario.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Victoriano Taibo, Poesía, Araceli Gonda, Miguel Anxo Mouriño...