O MARCO acolle Memorias imborrables

O proxecto repasa os fondos da Colección Videobrasil

17/9/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

O samba do crioulo doido" (2013) de Luiz de Abreu

Ata o vindeiro sete de febreiro o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo acolle a exposición Memorias imborrables. Unha mirada histórica sobre a Colección Videobrasil. Comisariado por Agustín Pérez Rubio, o proxecto supón a primeira mostra que se realiza a partir desta colección, que reúne preto de 4.000 ítems entre publicacións, documentación, e uns 1.500 traballos en vídeo de artistas procedentes do "Sur Xeopolítico do mundo". A proposta de Pérez Rubio recolle 18 traballos a través dos que "contribúe a rescatar a memoria de eventos e conflitos cuxa interpretación baseouse en versións oficiais da parte vencedora, ofrecendo narrativas persoais que se fan públicas a través da arte", segundo explica a presentación do Museo.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares