O MARCO inaugura Historia. Miradas de artistas

A exposición intégrase na programación de Photoespaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
La Liberté Raisonée, (detalle, 2009)

La Liberté Raisonée, (detalle, 2009)

Xeitos diferentes de ollar a realidade a través da fotografía, o vídeo e a instalación. O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo inaugura mañá ás 12 horas Historia. Miradas de artistas que se poderá ver ata o vindeiro 25 de maio. A exposición, que fai parte do programa de Photoespaña achega os traballos de Eric Baudelaire, Mohamed Bourouissa, Luc Delahaye, Shai Kremer, Cristina Lucas, Eduardo Nave, Paola de Pietri e Paolo Ventura. Comisariada por Oliva María Rubio, a exposición reflexiona sobre o carácter construído da fotografía nun momento no que etiquetas como reportaxe, documental ou fotoperiodismo están en crise.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Cristina Lucas, Documental, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)