Reducida presenza galega na XVI edición de PHotoEspaña

O encontro da fotografía arrinca mañá en Madrid co corpo como protagonista

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Reducida presenza galega na XVI edición de PHotoEspaña

“Corpo. Eros e políticas” éo lema da XVI edición de PHotoEspaña, que organiza a entidade La Fábrica e se desenvolve ata o vindeiro28 de xullo. 74 exposiciones (entre Sección Oficial, OpenPHoto e Festival Off), que dan acubillo a propostas de 328 artistas de 42 países. Na programación, reducida presenza galega. Na sección oficial hai pegadas no marco da exposición "Os premios nacionais de fotografía nos fondos da colección Alcobendas" (Fundación Antonio Saura en Cuenca) que conta coa obra de Manuel Vilariño. E o primeiro libro da editorial Dispara, Nós de Tono Arias, está entre “Os mellores libros de fotografía do ano” como finalista a optar ao galardón. No festival Off hai nomes como o de Jesús Madriñán, no marco da exposición "O tempo suspendido"(galería Paula Alonso) e o de Vari Caraméns coa exposición individual "Momentos" (Galería Astarté).

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Galería, Madrid, Manuel Vilariño...