A exposición "Tranversaris" mestura fotografía con pintura e video

....de foto

Vari Caramés, Tono Carbajo, Carlos Nieto, Simón Pacheco, Alberto Carela Ferreiro, Xoán Anleo e Manuel Vilariño son os creadores de "Tranversais"; a exposición de fotografía que mestura outras artes que, baixo a organización do CGAI, se exhibe na Fundación Laxeiro de Vigo.

Máis que unha exposición




Moito máis que unha exposición de fotografía. En "Tranversais" exhíbese un mundo de imaxes no que as instantáneas se entremesturan con diferentes técnicas e recursos artíticos. O resultado é unha imaxe impactante, coherente e moi subxectiva, apoiada por un amplo traballo de documentación.
A característica principal de "Transversais" é a combinación de diferentes técnicas artísticas que complementan a fotografía co obxectivo de reforzar a visión do autor.












De paseo


A mostra exhíbese na sé da Fundación Laxeiro ata o vindeiro día 15 de xullo. Logo, terá un carácter itinerante polas principais cidades e vilas de Galicia.
A exposición está composta por 50 traballos fotográficos que se completan con dous vídeos realizado por Salvador Cidrás, Vicente Blanco e Carlos Nieto, qeu se proxectan continuamente na sala.