Vari Caramés e Alberto García-Alix cazan sombras na Coruña

Realizan unha exposición conxunta na galería Parrote

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O fotógrafo Vari Caramés

O fotógrafo Vari Caramés

Hoxe inaugúrase a exposición "Entre las sombras", coa que a galería Parrote da Coruña reúne a dous grandes da fotografía contemporánea: Vari Caramés e Alberto García Alix. A mostra está presidida por unha frase de Céline: "O máis interesante sucede sempre entre as sombras". Os dous fotógrafos coinciden xeneracionalmente, no emprego do branco e negro, na fotografía química pero tamén nas mesmas buscas. "Este traballo feito nos últimos anos chámase Expresionismo Feroz", di García Alix, "esa mirada ten que ver coas sombras pero ao meu xeito, xoguetón. O expresionismo potencia o misterio, a busca a través mesmo da deformidade", sinala a La Opinión. Vari Caramés, pola súa banda, sinala que "se trata de establecer un diálogo entre Alberto e máis min con estas referencias e autoreferencias" nas que procuran "momentos e situacións estrañas e sorprendentes. A plena luz as cousas non teñen tanto misterio". A exposición poderase visitar ata o 31 de xullo.

Vídeo de presentación da exposición

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vari Caramés, A Coruña, Galería, Fotografía...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares