Fotógrafos de primeira liña impartirán obradoiros en Caaveiro

Cristina García Rodero, Alberto García-Alix, Ricky Dávila e Vari Caramés participarán na actividade

28/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Imaxe de Grandes Miradas desde Caaveiro

O mosteiro de Caaveiro, en plenas Fragas do Eume acollerá a actividade Grandes miradas dende o Eume, coordinada por Gabriel Tizón. O proxecto consiste en catro clases maxistrais a cargo doutros tantos fotógrafos de primeira liña, como son Cristina García Rodero, Alberto García-Alix, Ricky Dávila e Vari Caramés. Comezarán o trinta de xuño e desenvolveranse, en horario de mañá e de tarde, os vindeiros tres sábados. Como remate da actividade publicarase un libro con fotografías de todos os participantes na actividade.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, sinalou que esta actividade inicia unha nova etapa no emprego deste conxunto monumental como centro cultural.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

01/12/2010

Reenfoques

Visitamos a exposición de Cristina García Rodero con Miguel von Hafe, director do CGAC

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vari Caramés, Eume, Deputación da Coruña

Claves

Protagonistas
Lugares