Vari Caramés faise co premio de fotografía contemporánea Pilar Citoler

Adolfo Enríquez acadou un Lux de Bronce na categoría de retrato

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Bam Bam

Bam Bam

O galego Vari Caramés acaba de facerse co Premio Bienal Internacional de Fotografía Contemporánea Pilar Citoler na súa sétima edición coa fotografía Bam Bam. O autor recibirá 15.000 euros de premio e terá unha exposición e mais unha publicación monográfica. O xurado destacou "a capacidade do autor para propor unha poética fotográfica do instante fugaz, tanto en branco e negro como a cor, alternando visións da súa terra natal galega e outras que denotan a súa vontade de errancia". Pola súa banda, o fotógrafo Adolfo Enríquez, afincado en Compostela, obtivo o Premio LUX de Bronce ao mellor retrato do ano 2013.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Vari Caramés, Lingua galega, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas