As elexidas

Unha exposición escolma as obras preferidas dos creadores galegos dos últimos trinta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Vista do Museo Interactivo de Historia de Lugo

Vista do Museo Interactivo de Historia de Lugo

Jorge Barbi, Manuel Vilariño, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Xoán Anleo, Pamen Pereira… así ata un total de 16 artistas. O máis selecto da creación artística contemporánea, seleccionados por outra da creadoras galegas con maior proxección internacional, Mónica Alonso. Con estes nomes de primeiro nivel ábrese ao público a exposición que inaugura o Museo Interactivo de Historia de Lugo. A exposición titulada “A obra elexida” permite aos seus creadores elexir unha peza da súa traxectoria.

Amaya González Reyes
1/16
Carme Nogueira
2/16
Félix González
3/16
Francisco Leiro
4/16
Jesús Otero Yglesias
5/16
Jorge Barbi
6/16
Manuel Vilariño
7/16
Mar Vicente
8/16
Menchu Lamas
9/16
Pamen Pereira
10/16
Rita Rodríguez
11/16
Rubén Santiago
12/16
Salvador Cidrás
13/16
Vicente Blanco
14/16
Xoan Anleo
15/16
Eleccións
16/16

“Todas as obras presentes nesta exposición están cargadas de distinción, son enormemente especiais e así no lo fan saber os seus creadores a través dos textos que as acompañan” asegura Mónica Alonso na nota de prensa remitida para esta exposición. No catálogo, a propia comisaria incide nese carácter especial “a obra que fala da súa traxectoria, da súa vida como creadores, a obra odiada, a temida, volver sobre algunha que consideren que debe ser modificada, instalada dun xeito diferente”.
A obra elixida, reúne a 16 artistas galegos dos últimos 30 anos e con achegas selecionadas polos propos autores nunha mostra que foxe de separacións xeracionais e idades.

A cada un dos autores enviouselles o mesmo cuestionario:

-¿Por que elixes esta obra?
-Fala dela.
-¿Que calidade lle darías á obra elixida no concepto da exposición?
-Contextualiza a túa obra.
-¿Hai algún acontecemento histórico-social paralelo á realización da obra que queiras destacar?
-¿Hai algún material documental que queiras incluír?

As respostas, múltiples e moi variadas, pódense descubrir en: A obra elixida. A exposición está aberta ata o 15 de febreiro de 2013 en horario de 17:00 horas ata as 21:00 de martes a domingo na sala de exposicións temporais do Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O círculo do tempo

O círculo do tempo

Unha exposición revisa a traxectoria artística de Menchu Lamas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mónica Alonso, Xoán Anleo, Pamen Pereira, Manuel Vilariño...