Este ano non haberá edición de PhotoGalicia

A Fundación Caixa Galicia centrará os seus esforzos na exposición de Ruth Mathilda Anderson

23/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

PhotoGalicia era o encontro de fotografía que permitía ver no noso país unha escolma do que era PhotoEspaña. Pero este ano, o festival da fotografía por excelencia non se volverá repetir. Entre os motivos que explican desde a Fundación Caixa Galicia, entidade que organizaba o encontro xunto con La Fábrica, destaca que concentrarán os esforzos nunha exposición de produción propia: a que exhibirá fondos inéditos de Ruth Mathilda Anderson e da que xa se pode ver unha parte en Lugo. Por outra banda, fontes da entidade explicaron que non se descarta retomar esa colaboración para outros proxectos relacionados coa fotografía.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Lugo

Claves

Conceptos
Lugares