Ruth Anderson e Tarsila do Amaral protagonizan o calendario expositivo de Caixa Galicia

A entidade dedicará en Vigo unha retrospectiva a Maruja Mallo

7/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
20 lecturas | Compartido 0 veces
A programación expositiva da Fundación Caixa Galicia para o 2009 escríbese en feminino. Tres mulleres de primeiro nivel, Maruja Mallo, Tarsila do Amaral e Ruth M. Anderson, serán as protagonistas das exposicións previstas para este ano nas súas sedes de Vigo, Santiago e Coruña. A primeira das mostras en abrir será a da creadora brasileira, Tarsila do Amaral, que terá lugar en Santiago no mes de maio. É a primeira exposición individual que se lle dedica en España a esta artista, clave na historia da plástica contemporánea de Brasil e moi pouco coñecida en Europa. En setembro, o centro vigués dedicará unha retrospectiva á obra de Maruja Mallo. O ano remata coa etnógrafa norteamericana Ruth Mathilda Anderson, quen estivo en Galicia entre 1924 e 1926 realizando un traballo de investigación sobre diferentes aspectos da vida cotiá galega para a Hispanic Society of América. Fotografías e textos, moitos deles inéditos a día de hoxe, que se poderán ver nas sedes de Coruña e Lugo.

Universo culturagalega.gal

10/09/2009

A primeira Maruja

A exposición máis completa de Maruja Mallo descubre novas facetas da artista

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
5 lugares identificados