Fomento investirá 1,5 millóns de euros na sede da RAG

Os fondos do 1,5 por cento cultural servirán para rehabilitar o edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Ana Pastor e Alonso Montero asinan o acordo para rehabilitar a sede da RAG

Ana Pastor e Alonso Montero asinan o acordo para rehabilitar a sede da RAG

O pazo que serve de sede da Real Academia Galega, no número 11 da coruñesa Rúa Tabernas, sufrirá unha rehabilitación integral. O presidente da entidade, Xesús Alonso Montero, asinaba o pasado sábado un acordo coa ministra de Fomento, Ana Pastor, polo que o Ministerio investirá 1.565.000 euros neste proxecto. Os fondos, que fan parte do 1,5% cultural prevén abordar unha completa recuperación do inmoble coa intención de garantir a conservación dos fondos que se conservan no mesmo e que inclúen, ademais da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, unha biblioteca de preto de 60.000 volumes que o presidente da RAG calificou como "a mellor biblioteca galega do mundo".

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Alonso Montero, Emilia Pardo Bazán, Real Academia Galega, Museos

Claves

Conceptos