Desde o bululú aos títeres pensados para a televisión e as novas tendencias. En Culturagalega.gal témoslle dedicado unha boa dose de atención a arte do teatro de bonecos. A completar o repaso que estamos a lle facer á historia e á actualidade desta arte, recuperamos unha selección de reportaxes que amosan un completo panorama do mundo dos monifates.
Antecedentes históricos
Unha das formas máis tradicionais da arte dos bonecos era o bululú, que empregaba como teatriño unha capa estendida. A compañía de Maese Seisdedos leva esta proposta por feiras de todo o país e realizou unha peculiar viaxe polo Camiño de Santiago alá por 2002. Herdeiro daquelas historias, Barriga Verde amosou a súa capacidade para ser un personaxe fundamental da memoria do país do século XX, e recollemos a súa importancia en diferentes reportaxes. Contemporáneas cos seus inicios, as Misións Pedagóxicas atenderon as posibilidades artísticas e educativas dos títeres da man de autores destacados como Rafael Dieste.
Reportaxe sobre o bululú
Dosier coas nosas novas e reportaxes sobre Barriga Verde
Reportaxe sobre as Misións Pedagóxicas
A etapa profesional
Xa a falar sobre a actual etapa dos títeres, con compañías profesionais, chamounos a atención no seu día a lonxevidade de Tanxarina e do seu espectáculo Titiricircus, que leva nesta altura 28 anos en activo. Do mesmo xeito, temos aproveitado a celebración de festivais como o Galicreques ou Titirideza para repasar as perspectivas para esta arte, e demos boa conta da apertura do Museo Galego da Marioneta.
Os 25 anos de Titiricircus
A situación dos títeres en 2002, a partir do Galicreques
A primeira edición do Titirideza
Títeres para adultos, no Galicreques de 2006
A reapertura do Museo Galego da Marioneta
Novas tendencias
Encol das novas tendencias no campo dos títeres, temos abordado proxectos como o de Fantoches Baj, a mestura de bonecos e xogos tradicionais que propón Paporrubio, ou a integración de novas tecnoloxías neste ámbito da man de Titerenet. Do mesmo xeito, tamén recollemos a proposta de bonecos que Galitoon emprega no audiovisual. Porque desde logo non cabe dúbida de que falamos dun ámbito no que a innovación está plenamente presente.
O traballo de Fantoches Baj
Xogos Paporrubio
Novas tecnoloxías e títeres
Galitoon