A Escola de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra deixará de recibir a partir deste ano os 140.000 euros cos que a Deputación apoiaba a súa actividade de formación. Segundo facÃa público onte a entidade provincial, a nova polÃtica que lle cede aos concellos fondos para a xestión cultural, motivou a eliminación desta partida. Xosé Leal, deputado da área, sinalou ademais que "non é xusto subvencionar as escolas da Banda de Gaitas, que non imparten unha educación regrada nin con tÃtulo, cando na provincia hai multitude de asociacións culturais que tamén imparten cursos similares e que non contan con subvencións provinciais". Lembrou tamén que agora "correspóndelle aos concellos, ben de xeito individual, ben de xeito mancomunado, decidir se queren seguir contando coa escola da banda de gaitas subvencionada con cargo ao mencionado fondo xeral".
Desde a Banda de Gaitas, no entanto, denúnciase a premura desta comunicación, cando xa estaba aberto o prazo de matrÃcula para o actual curso, que impedirá que os preto de 500 alumnos xa inscritos poidan recibir formación. A escola desenvolvÃa a súa actividade en centros de Pontevedra, Vigo, Vilanova, Cangas e LalÃn. Os responsables da entidade anunciaron que pretenden desenvolver entrevistas cos gobernos destes concellos con vistas a continuar a súa actividade no futuro.