Grazas ao financiamento privado a Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra ven de asegurar a súa continuidade para o seguinte curso. A escola chegou a ter 700 alumnos, repartidos en centros por Cangas, LalÃn, Pontevedra, Vilanova e Vigo. A viabilidade da institución, que na actualidade imparte clase só en Vigo e Pontevedra, quedou en suspenso tras a negativa da Deputación de Pontevedra a seguir apoiándoa economicamente desde setembro pasado. Tras un perÃodo de recortes en profesorado e centros de ensino a escola mantÃvose grazas ás matrÃculas e mensualidades do alumnado pero a súa continuidade non estaba asegurada.
Malia non facerse pública a orixe exacta deste financiamento privado o director, Hipólito Cabezas, asegurou en declaracións ao Faro de Vigo que a continuidade xa é unha realidade para o seguinte curso. Contan con volver a incrementar o corpo de profesorado e poder acoller máis alumnos nos dous puntos de ensino. Na plataforma Change.org abriuse desde hai meses unha petición de sinaturas para apoiar unha petición de alternativas para o centro. O prazo de matrÃcula abrirase en setembro.