O CCG reflexiona sobre comunicación e cultura en Europa

Aberto o prazo de inscrición para a xornada do día 21

7/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Analizar os desafíos da cultura en Europa nestas primeiras décadas do século é o o obxectivo das novas xornadas do CCG, que contará coa participación de destacados investigadores e profesionais e que se celebrará o día 21 de setembro. Entre eles, Carlo Sorrentino, profesor da Universidade de Florencia, que falará sobre como Internet redefine as nosas identidades culturais, Mary McCarthy, directora da National Sculpture Factory de Cork, que analizará como o sector cultural afrontou a crise en Irlanda, o catedrático de Xornalismo da Universidade Rey Juan Carlos, Francisco Sampedro, que abordará o cuarto poder. Pola tarde, Blanca Berasategui, directora da revista El Cultural, Raquel Martínez, da Universidade de Valladolid, Carles A. Foguet, de Jot Down e Marta Peirano, de eldiario.es achegarán un enfoque máis profesional desde o xornalismo e a comunicación corporativa.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

22/09/2015

As identidades que veñen

Falamos con Carlo Sorrentino sobre o xeito no que Internet xera novas identidades culturais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Xornalismo, Internet, Irlanda...