O Consello da Cultura analizará os desafíos do xornalismo cultural

As xornadas Comunicar cultura comezan o vindeiro 20 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Os vindeiros 20, 21 e 29 de abril, o Consello da Cultura acollerá as xornadas Comunicar cultura, que organiza o Arquivo da Comunicación. O evento pretende analizar o panorama e mais os desafíos no campo do xornalismo cultural, e ao longo do mesmo exporanse diferentes experiencias neste campo tanto desde a rede e a prensa escrita como mediante os medios audiovisuais e os gabinetes de comunicación. As xornadas fechan o día 29 coa conferencia Diversidade cultural e converxencia dixital a cargo de Jesús Martín Barbero, profesor da Universidade Javierana de Bogotá.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos