Comezan as xornadas Comunicar cultura

Ramón Lobo abriu o evento cunha intervención sobre os desafíos do xénero

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Cunha masiva afluencia, o Consello da Cultura Galega abría esta mañá as xornadas Comunicar cultura. O evento comezou cunha intervención do coñecido xornalista Ramón Lobo, de El País, que fixo unha panorámica do xornalismo cultural e analizou os seus retos. Canda a el, ao longo do día de hoxe e mais de mañá se presentarán experiencias de diferentes medios de radio, prensa e Internet encol desta cuestión. O encontro finalizará o vindeiro 29 de abril cunha conferencia sobre diversidade cultural e cultura dixital a cargo de Jesús Martín Barbero.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Xornalismo, Internet, El País...