Sinsalaudio presenta o seu XIII Festival de Outono

O colectivo organiza tamén unha nova edición do ciclo Monumenta

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Sinsalaudio presenta o seu XIII Festival de Outono

Angel Olsen, Bledo+Pira+Dj Philister, LoneLady e mais Circuit des Yeux son as bandas que visitarán Vigo ao longo dos vindeiros meses na 13 edición do festival Sinsal de Outono. O vindeiro seis de setembro celebrarase o primeiro dos recitais, que xa teñen a venda as entradas. En paralelo, o colectivo encárgase tamén da organización de Monumenta, o ciclo de música en espazos restaurados que desenvolve a Consellaría de Cultura. A iniciativa arrinca o vindeiro 27 de marzo con actividades e un concerto de Leilía no depósito arqueolóxico de Tourón. Talabarte en Santa María a Nova de Noia, Odaiko en Aquis Querquennis e mais Rodrigo Romaní en Santa Baia de Bóveda completan o programa.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Monumentar o próximo

Monumentar o próximo

O ciclo Monumenta busca a conexión do patrimonio coa poboación local mediante diferentes actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsalaudio, Rodrigo Romaní, Leilía, Noia...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares