Os novos pensadores piden paso. Críticas ao inmobilismo académico e institucional, denuncia dos fallos de teorías que imperan en diferentes ámbitos, perspectivas anovadoras. Un feixe de analistas e teóricos, en grande parte dos casos doutorandos e activistas de diferentes movementos sociais, puxeron sobre a mesa unha mostra das distintas problemáticas que atopa a cultura do país no I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s.
Reivindicación de perspectivas queer, estudos postcoloniais ou da subalternidade. Denuncias sobre a ausencia de perspectivas de xénero e chamamentos arredor de teorías como a dos polisistemas. Reclamacións sobre o xeito no que a xeración Galaxia artellou, definiu e limitou as visións sobre a nosa cultura. Apuntamentos sobre o grande peso da literatura na configuración do noso panorama cultural. Ataques ás políticas culturais da administración e mais o inmobilismo dunha academia que, consideran, non atende aos pensadores do país. Mencións críticas a institucións como CGAC, o Consello da Cultura, a Xunta, a Real Academia Galega ou Centro Ramón Piñeiro. Os tres días que durou o I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s, celebrado a pasada semana en Compostela deron para facer un primeiro achegamento aos focos de interese dunha nova xeración que, en grande medida, síntese excluída das institucións culturais do país e reivindica a necesidade de novas perspectivas para reflexionar sobre nós mesmos.
Repaso crítico da situación
As críticas ás políticas culturais e á acción das institucións do país protagonizaron varias das intervencións deste encontro. Así, Óscar Iglesias apuntou en Cara a unha crítica da intelixencia galega, os primeiros riscos dunha análise que, apunta, "trataría de estudar, dunha vez, a cultura galega e o poder. Trátase de ir enxergando un relato común sobre a historia cultural deste país cos nomes e os testemuños dos seus actantes vivos". Exemplos sobre censura e silencio gremial en ámbitos como a arqueoloxía ou a filoloxía, críticas ao canon e ao esquecemento de persoeiros como o filósofo Xosé Luís López Nogueira fixeron parte da intervención deste relator. A súa intención é "ofrecer unha dialéctica negativa da cultura galega a través de materiais e exemplos do real. Un lugar onde poidan transparentar as estratexias fanadas e as potencias escuras pero vivas".
A cuestión de quen minoriza
Un ámbito que se tocou en diferentes intervencións é o xeito no que as propias perspectivas sobre a cultura inciden no seu carácter minorizado. Deste xeito, Francisco G. Quiroga apuntou a necesidade de "desmontar a idea de periferia. Esa condición está autoimposta por unha administración que prefire gastar os cartos en videoclips de Enrique Iglesias en vez de apoiar proxectos de creación contemporánea aquí. Ou museos que seguen configurándose como meros repositorios de arte e non como espazos produtores. Existen outros modelos de apoio á creación contemporánea que deberíamos ter en conta. A que temos aquí imposibilita facer porque non hai unha estrutura mínima que garanta a sustentabilidade dos proxectos. Hai que abrir as institucións e non é que non haxa cartos, senón que non interesa investilos no pensamento creado o país". A desafiar o propio eixe do programa tamén reflexionou sobre o concepto de cultura minorizada Isaac Lourido, quen apunta que "é un concepto problemático. Eu propoño alternativas como a de "cultura en proceso de minorización". Ademais, téndese a considerar a minorización cultural sempre ligada a referentes nacionais, e case nunca vencellada a outro tipo de referentes como poden ser os económicos, sociais, culturais ou de xénero. Nese sentido a cultura do mundo rural, a cultura da clase obreira, a cultura das mulleres... poden ser consideradas culturas en proceso de minorización ou historicamente minorizadas, a depender dos casos".
Saberes alternativos
A reivindicación de formas de coñecemento e de acción na actualidade pouco recoñecidas foron tamén abordadas en distintos relatorios, o que se complemente coa denuncia da pouca permeabilidade académica tanto a novos nomes como a novas perspectivas teóricas. Deste xeito, Lourido tamén reivindicou na súa intervención "a necesidade de coñecer e revalorizar diferentes saberes que existen fóra do campo académico, concretamente os xerados no ámbito do activisimo e dos movementos sociais". De xeito semellante, Comba Campoy tratou sobre Barriga Verde e os títeres como un xeito de resistencia simbólica durante o franquismo, mentres Enrique Latorre abordou emprego do discurso científico como un xeito de construír a identidade e a representación do corpo. Pola súa banda, Beatriz Blanco explorou os limites da análise filolóxica ao se enfrontar ás cancións de de Ataque Escampe e o xeito no que se entende a construción da identidade galega no traballo deste grupo.
Tendencias
Á hora de buscar tendencias en toda a galaxia de novos pensadores do país, a partir da experiencia do encontro, Fran Conde, coordinador do mesmo, apunta que "se poden atopar riscos comúns. Detectamos unha certa inquedanza polo traballo que se desenvolve desde as institucións oficiais. Non se trata dunha crítica radical ou un rexeitamento, pero si se observa unha queixa compartida a sinalar que as actividades que se desenvolven desde elas non recollen preocupacións que circulan na sociedade, problemas que resulta esencial pensar". En paralelo a esta reclamación, "tamén se apunta que existe unha cultura orientada ás elites que non fai por se achegar a novos públicos e democratizar as prácticas culturais. Detéctase certa desconfianza por todo o que non responda ao estilo académico habitual, aínda que sexan traballos con rigor e exactitude, mesmo aínda que teñan unha importancia superior ao que se fai no ámbito académico, sexa este a Universidade, o Consello da Cultura, a Real Academia ou o Centro Ramón Piñeiro". Conde, no entanto recoñece que "é certo que tivemos boa acollida de xente que están nalgunhas destas institucións, como Ramón Máiz, pero semella que en xeral hai certa rixidez para abordar estas cuestións e xerar colaboracións".
Non foron, nin moito menos, estas únicas cuestións que se abordaron no encontro. A problemática do xénero e do feminismo, en particular no campo da literatura, así como a posición da filosofía na cultura e na educación ou os problemas da xestión cultural foron tamén algunhas das cuestións que se trataron nas diferentes cuestións do encontro. Os interesados en saber máis sobre estes focos, fícalles agardar pola publicación das actas dos encontros, que desde o Proxecto Derriba pretenden colgar na rede.