Os nodos do pensamento

Repasamos da man do Encontro de Nov@s Pensador@s os foros de reflexión activos no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os nodos do pensamento

O I Encontro galego de nov@s pensador@s que se celebrou a pasada semana en Compostela dedicoulle varias sesións á presentación de proxectos autónomos de pensamento en galego. Colectivos e iniciativas que buscan novos xeitos de se achegar a diferentes cuestións actuais desde espazos orixinais, inéditos ou marxinais e da man de diversas disciplinas. Repasamos esta constelación de propostas a partir dos nosos arquivos.

A Universidade Invisíbel, CulturaLab, Axóuxere, Alg-a ou Galiza Imaxinaria son algunhas das iniciativas que amosan a variedade e densidade dunha rede que se estende por todo o territorio conformada por propostas alternativas, periféricas, anovadoras e nunha grande medida á marxe das institucións. Sen ser nin moito menos unha listaxe exhaustiva, repasamos da man desta iniciativa os diferentes foros de reflexión que se manteñen no país e que, maioritariamente, temos abordado xa en Culturagalega.gal.

Foros de pensamento
A atender a este panorama, o Encontro Galego de Novos Pensadores dedicoulle a súa sesión de apertura á presentación de "Proxectos autónomos de pensamento en galego". A Universidade Cromática das Virtudes, a Universidade Invisível e o proxecto Derriba protagonizaron esa primeira xeira.
Reportaxe sobre novas propostas de pensamento en Galicia(2011)
A Universidade Invisíbel
Universidade Cromática das Virtudes

Outras experiencias
Ademais destas, no espazo dedicado a "experiencias de visibilización de culturas soterrradas" tamén se recolleron distintas achegas innovadoras sobre a nosa realidade. Deste xeito, Manuel Cebral explicou as bases teóricas desde as que desenvolve propostas como Alg-a Lab e Galiza Imaxinaria. Canda a el Fran Quiroga de Montenoso e Culturalab e mais Claudio Pato, coordinador do ciclo Escrita(s) disertaron a partir das súas experiencias. Para alén da xeira especificamente dedicada aos foros de pensamento, no encontro abordáronse tamén plataformas de difusión como Axóuxere, Estaleiro editora ou a experiencia do Cineclube Compostela.
Galiza Imaxinaria
Alg-a Lab
Culturalab
Montenoso
Editoras independentes (2010)
Os cineclubes en Galicia I (2011)
Os cineclubes en Galicia II

Para alén destes espazos, tamén se abordaron no encontro diferentes problemáticas, que repasaremos nunha vindeira reportaxe.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Novos pensadores

Ver serie completa
Os focos da reflexión

Os focos da reflexión

A crítica ás institucións e a aposta por novos enfoques teóricos marcan as propostas dos novos pensadores

Novos xeitos de pensar o país

Novos xeitos de pensar o país

O I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s abordou perspectivas orixinais sobre nosa cultura

Do mesmo ámbito

Os novos focos de cultura rural

Os novos focos de cultura rural

Diversidade e sustentabilidade marcan as iniciativas culturais que apostan por se desenvolver fóra das cidades

Os focos da reflexión

Os focos da reflexión

A crítica ás institucións e a aposta por novos enfoques teóricos marcan as propostas dos novos pensadores

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Manuel Cebral, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades